X ARRASTRO ROCK FEST | OFFICIAL AFTER MOVIE

Un  dos eventos que máis está a crecer nestes derradeiros anos en Galiza, cunha firme aposta en bandas locais, galegas e internacionais. Festival onde musicalmente predominan o Rock nas súas infinitas formas ata o Metal máis contundente. Nace en 2006 como iniciativa dun grupo de mozos redondelans relacionados co mundo da música. O principal obxectivo é fomentar e promover as bandas locais e ofrecer unha alternativa de ocio musical na vila. Nestas dez pasadas edicións contamos con actuacións de bandas de toda Galiza e internacionáis, moitas delas consagradas dentro da escena metaleira, tales como [IN MUTE], Crisix, Revolution Within, Nocheni, Mutant Squad, Agónica, Bellako, Hummano, Blaze Out, The Last of Them, Display of Power, Tálesien, Dream Circus, Dredd, MortSubite, Supa Scoopa... Todo isto situado nun ámbito rural moi peculiar e característico na parroquia redondelá de Reboreda. 

Festival de balde.